Friday 10 de May de 2024

Coruña Smart City establece contactos con sete países de Latinoamérica para exportar as solucións innovadoras


Unha delegación composta por representantes de nove empresas de Brasil, México, Chile, Colombia, Perú, Panamá e Honduras visitaron o Concello, da man do Clúster TIC, para coñecer de preto o proxecto de cidade intelixente da Coruña

O Concello estreita vínculos con Latinoamérica para exportar o modelo de Coruña Smart City ao outro lado do Atlántico. Para el e da man do Clúster TIC Galicia, o tenente de alcalde de Medio, Territorio e Infraestruturas, Martín Fernández Prado, e o tenente de alcalde de Facenda e Administración Pública, Rosa Galego, recibiron no Pazo Municipal de María Pita a unha delegación composta por representantes de nove empresas afincadas en Brasil, México, Chile, Colombia, Perú, Panamá e Honduras relacionadas co sector tecnolóxico.
O encontro, organizada polo Clúster TIC Galicia dentro da denominada “misión inversa internacional”, tiña como obxectivo reforzar as relacións comerciais entre firmas galegas do sector TIC e as empresas en Latinoamérica.
Durante o encontro, os representantes das empresas puideron coñecer de primeira man o proxecto Coruña Smart City e as solucións tecnolóxicas que se están a desenvolver na cidade, boa parte delas, implementar por empresas coruñesas do sector TIC.Martín Fernández Prado resaltou a importancia deste sector naCoruña e Galicia, con empresas que xa exportan os seus produtos polo mundo e que foron recoñecidas con numerosos premios internacionais. Ademais, trátase dun campo, o tecnolóxico, que, tal e como recalcou o tenente de alcalde, “permitiu que, en momentos de crise, se creasen empregos”, tanto na Coruña coma en Galicia. Na actualidade, están afincadas na cidade 570 empresas TIC.
Fernández Prado puxo en valor o traballo do Clúster TIC e das empresas que o compoñen, e destacou a importancia da Coruña como nexo de unión entre Europa e América.
O concelleiro tamén resaltou a importancia do proxecto Coruña Smart City, que dende a súa posta en marcha obtivo numerosos premios, entre eles a mención de honra da Comisión Europea á mellor Compra Pública Innovadora de Europa ou a elección de
A Coruña como unha das mellores cidades intelixentes a nivel internacional nos premios que se concederon na pasada edición da feira Smart City Expo World Congress de Barcelona. Unha vez desenvolvido, o Concello espera que o novo modelo de cidade intelixente permita ofrecer servizos máis eficientes aos cidadáns.
As empresas que conforma a delegación que visitou o Concello pertencen ao sector da telefonía, a televisión, os servizos de internet, a xestión hospitalaria, o hardware,
o software ou a consultoría. Con este encontro, o Clúster TIC de Galicia pretende reforzar os contactos entre empresas e entidades no terreo tecnolóxico co fin de internacionalizar as solucións que se están a desenvolver en Galicia.
O proxecto de Coruña Smart City, iniciativa do Concello da Coruñae Emalcsa como solicitante, conseguiu, coa súa novidosa proposta, un cofinanciamento do 80% dos fondos FEDER, para un total de 11,5 millóns de euros. O proxecto deseñouse en dúas fases,
a primeira fase, adxudicada en abril do ano pasado á UTE formada por Altia, Ilux, Indra
e R, consistiu no deseño e puxo en marcha da plataforma tecnolóxica, á que se chama o cerebro da cidade.
Dos 14 proxectos pilotos, 10 están en fase de execución: o piloto de párking intelixente, eventos multicanles, sistema de calidade de augas e alerta temperá, telexestión de contadores, telexestión de redes de abastecemento, eficiencia enerxética en edificios municipais, rego intelixente, sistema de visitas guiadas, administración electrónica e sistema de calidade de aire e ruído. A estes dez hai que sumar os dous proxectos que están a punto de adxudicarse: o de mellora enerxética na ETAP da Telva e un sistema de optimización do tráfico. Os 14 proxectos piloto completaranse cos dous que xa saíron a licitación: o de interacción cidadá e o BIO.
Dende a súa posta en marcha, o proxecto recibiu importantes recoñecementos, como o de Mejor iniciativa dunha administración por parte dos Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia; pero tamén por parte do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia; o recoñecemento da Fundación Lintel; a declaración como Cidade da Ciencia e a Innovación; ser elixida 1 das 6 finalistas de entre as 200 iniciativas presentadas, na categoría de proxectos dos World Smart Cities Awards, consolidando A Coruña como unha cidade referente do noroeste español; ou máis recentemente, os premios antes nomeados: a Mención de Honra á mellor Compra Pública Innovadora 2014 por parte da Comisión Europea, que recoñece os procesos de contratación e compra de servizos e produtos máis innovadores de Europa, nos que A Coruña foi a única cidade española finalista; e a elección da Coruña como 1 das 6 finalistas na categoría
de cidade nos premios entregados durante a Smart City Expo World Congress de Barcelona 2014.